Cantos de Taberna chega mañá aos bares Brasilia e á Casa do Trasno

211

Os Cantos de Taberna volven mañá á programación festiva do Concello de Pontevedra da man do grupo Antaruxas e sorteiros. Nesta ocasión os bares escollidos para estas actuacións son o Brasilia e a Casa do Trasno, este último situado na praza de Méndez Núñez.

Como vén sendo habitual, os cantares comezarán ás 21.00 horas e rematarán a medianoite.

A programación de Cantos de Taberna rematará o vindeiro mes de xuño (o día 26) coa actuación do grupo Maravallada nos bares Timón e Diaño.