Costas contacta co Concello para iniciar os trámites para construír o paseo peonil a Marín

140

A oficina técnica do Ministerio de Medio Ambiente púxose esta semana en contacto co Concello de Pontevedra para solicitarlle o proxecto de execución do paseo peonil da avenida de Marín (o executado no pasado mandato polo Goberno Local de Pontevedra) para iniciar a tramitación da continuidade do paseo cara Marín.

            O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou esta mañá que o Ministerio poderá executar sen facer exposición pública unha parte deste proxecto, o que supón unir o actual até o nó da autovía de Marín (pouco antes de chegar aos sobrantes de estrada do nó). Trátase dunha zona na que requeriría eliminar un carril de circulación, seguindo o modelo actual na saída da cidade.

            O resto do paseo -continualo até Marín- require outra tamitación xa que será preciso unha exposición ao público polo tipo de terreo no que se desenvolverá, segundo explicou o concelleiro.

            Para o Goberno local “é unha satisfacción e unha alegría”, en palabras de César Mosquera quen recordou que “levamos ano decindo que o paseo había que facelo xa que hai problemas de todo tipo: seguranza viaria, accesibilidade… en todo o tramo e a única solución razonable é facer o paseo para que, andando ou en bici, se poida circular por aí”.