O Concello traballa na demolición do vello colexio de Marcón

132

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana o derrubo do vello colexio de Marcón, un compromiso que acadou o concelleiro delegado da parroquia de Marcón, Demetrio Gómez co Consello Parroquial, e conta co respaldo do grupo municipal do Partido Popular, que a través da concelleira Rosa Picallo presentou esta petición en pleno.

            Os traballos comezaron coa retirada de materiais perigosos e contamiantes e logo procedeuse á súa demolición. Na xornada de hoxe están a retirar os entullos da obra, para finalmente tratar o terreo recuperado e integralo ao monte da parroquia.

            Este edificio, exemplo de feísmo, data dos ano 60 e leva varios anos baldeiro dende que toda actividade escolar se trasladou ao novo centro de ensino.