A piques de rematar o curso escolar a Concellaría de Benestar Social Municipal pode facer balance do Programa de Prevención de Condutas Adictivas do curso 2014/15 no que participaron preto de 7.000 escolares e estudantes de Bachalelato do concello de Pontevedra. O programa, que cumpriu 18 anos, dividiuse nos ámbitos educativo, familiar, xuvenil e comunitario, sendo o educativo o máis importante porque é no que se concentra a maior parte da poboación obxecto da súa atención, e no que a Concellaría volcou todos os seus esforzos.
No ámbito educativo as actuacións foron:
- Educación para a saúde para o 1º ciclo de Primaria – Contos para Conversar: Proxectouse na aula un conto, unha breve historia protagonizada por un grupo de nenos en tres escenarios: as familias, a escola e o barrio que provocou nos nenos as ganas de dialogar sobre a cotidianidade das súas vidas.
Cada conto ten unha unidade didáctica para traballar os valores que se reflicten no conto: autorespeto, afrontar os desafíos, manexar a tensión, relacionarse, tomar decisións, o uso de medicamentos, alcohol e tabaco, actividade e descanso, alimentación, seguridade e hixiene.
Neste curso participaron 852 alumnos e 39 docentes.
- Educación en valores a través do cine para 2º e 3º ciclo de primaria. Utilízase o cine como elemento lúdico e dinamizador. Os centros escolares que o solicitan proxectan dúas películas ao longo do curso para o seu traballo posterior na aula a través de unidades didácticas para o alumno elaboradas integramente polo equipo de prevención do Concello.
As películas que ofertan son:
- 2º ciclo de primaria: “O patiño feo e eu” e “Nemo”.
- 3º ciclo de primaria: “Pinocho” e “Monstruos”.
Neste curso participaron 1.580 alumnos/as e 75 docentes.
- Obradoiros de prevención en 6º de primaria. O curso de 6º de primaria considérase clave na prevención xa que o alumnado sufrirá un gran cambio ao rematar este curso e acudir a un instituo. Os obradoiros constaron de dúas sesións de 100 minutos de duración onde se traballa a comunicación, resolución de conflictos, autoestima e educación emocional.
Participaron 177 alumnos/as (9 grupos de aula) de 7 centros escolares.
- Prevención de Drogodependencias a través do cine para secundaria. Utilizando películas, os docentes traballan a prevención de drogodependencias cos escolares de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO a través de unidades didácticas.
As películas son:
- 1º ESO e 2º da ESO: Grazas por fumar.
- 3º ESO e 4º ESO: 3 Metros sobre o ceo
Neste curso participaron 1.796 alumnos/as e 86 docentes de 6 IES.
- Obradoiros para 1º da ESO sobre o consumo alcohol, tabaco e mal uso das novas tecnoloxías. Os obxectivos son os seguintes:
- Coñecer conceptos básicos relacionados coa prevención.
- Recoñecer alcohol e tabaco como drogas.
- Diferenciar entre uso e abuso.
- Reflexionar sobre as razóns que levan ao seu consumo.
- Desmitificar crenzas erradas sobre o alcohol.
- Afianzar conceptos dun xeito lúdico.
- Traballar os conceptos de presión de grupo e autoestima.
- Reflexionar sobre a presión de grupo como factor de risco.
- Potenciar a reflexión persoal á hora de tomar de decisións.
- Mellorar a toma de decisións en grupo.
- Favorecer unha aprendizaxe lúdica e dinámica.
- Traballar conceptos relacionados coas novas tecnoloxías .
- Concienciar sobre os riscos das condutas abusivas.
- Reflexionar sobre o propio uso das novas tecnoloxías.
- Fomentar o traballo en parellas dun xeito lúdico.
Neste curso participaron 728 alumnos/as (28 grupos de aula) de 9 IES da cidade, cunha intervención directa na aula de 84 horas.
- Obradoiros para 2º da ESO sobre o consumo de alcohol. Os obxectivos son os seguintes:
- Identificar conceptos básicos na prevención das Drogodependencias.
- Afianzar conceptos básicos sobre as drogas dun xeito lúdico.
- Coñecer a existencia de factores de risco e de protección.
- Ofrecer información sobre o alcohol.
- Coñecer os riscos existentes co consumo de alcohol.
- Afianzar conceptos dun xeito lúdico.
- Traballar a toma de decisións individual e grupal
- Potenciar a asertividade na negociación á hora de chegar a consensos grupais.
- Reflexionar sobre como a presión de grupo afecta na toma de decisións
- Proporcionar estratexias para facer fronte á presión de grupo.
- Informar sobre o consumo de bebidas alcohólicas.
- Desmitificar certas crenzas sobre o consumo de alcohol.
- Fomentar actitudes cara un consumo responsable.
- Reflexionar sobre as consecuencias do abuso desta substancia.
Participaron 665 alumnos/as (28 grupos de aula) de 9 IES da cidade, cunha intervención directa na aula de 84 horas.
- Obradoiros para 3º da ESO sobre o consumo de cannabis. Os obxectivos son os seguintes:
- Proporcionar unha información sobre casos reais no consumo de cannabis.
- Promover a reflexión nos mozos/ as en torno ás consecuencias e riscos asociados ao consumo de cannabis.
- Desmitificar crenzas erradas sobre o cannabis e o seu consumo.
- Traballar a toma de decisións individual e grupal.
- Potenciar a asertividade na negociación á hora de chegar a consensos grupais
- Reflexionar sobre como a presión de grupo afecta na toma de decisións .
Participaron 639 alumnos/as (33 grupos de aula) de 9 IES da cidade, cunha intervención directa na aula de 99 horas.
- Obradoiros para 4º da ESO sobre o consumo de alcohol e cannabis. Os obxectivos son:
- Favorecer un espazo de debate e reflexión sobre o fenómeno do botellón.
- Coñecer os efectos e riscos do consumo de alcohol no botellón.
- Identificar as ideas erradas sobre o cannabis e o seu consumo.
- Promover a reflexión en torno ás consecuencias e riscos asociados ó consumo de cannabis.
- Proporcionar unha información obxectiva e realista sobre o cannabis.
- Aprender a traballar en equipo.
- Traballar a toma de decisións en grupo.
- Analizar as diferentes actitudes individuais ante un problema.
- Concienciar sobre a importancia da presión de grupo á hora de tomar decisións.
Participaron 556 alumnos/as (31 grupos de aula) de 9 IES da cidade, cunha intervención directa na aula de 93 horas.
No ámbito familiar fixéronse obradoiros educativos para familias no que participaron 16 pais que traballaron os seguintes temas: Autonomía I: capacidade e pautas en función da idade; Autonomía II: estilos educativos, comunicación positiva e, educación emocional. Tamén se están a facer obradoiros educativos para familias en situación de especial vulnerabilidade -para persoas perceptoras de Risga-.
No ámbito xuvenil fanse obradoiros de prevención de accidentes de tráfico relacionados coa inxesta de alcol e o consumo doutras drogas para mozos que se estean preparando para obter o permiso de conducción nas autoescolas de Pontevedra.
A sesión consta dunha intervención de dúas horas aproximadamente que se realiza nos meses de verán por ser estas as datas que os mozos aproveitan para obter o carné. No verano pasado realizáronse obradoiros en 7 autoescolas da cidade cunha participación de 117 persoas.
Finalmente no ámbito comunitario fixéronse intervencións de prevención do uso das diferentes substancias en grupos específicos onde se produce unha demanda. Na maior parte as demandas son realizadas polos centros educativos que solicitan intervencións en grupos que non son da ESO onde se detectan problemáticas de consumo. Así, acudiuse a varios grupos de bacharelato e de FP.
Plan Municipal de Prevención de Condutas adictivas
O programa de Prevención de Condutas Adictivas é parte fundamental do PMPCA (Plan Municipal de Prevención de Conductas Adictivas). Actualmente está operativa a terceira edición do Plan Municipal 2013-2016, aprobado por unanimidade no Pleno Municipal do Concello de Pontevedra do 30 de setembro de 2013. Este Plan leva en funcionamento dende o ano 2004.
Como parte deste plan realízanse estudos de prevalencias de consumo e de hábitos de ocio nocturno entre menores.
Ademais, tendo en conta que consumir drogas non ten o mesmo significado para homes e mulleres, nin é valorado do mesmo xeito polos demais, todas as accións que se levan a cabo teñen en conta a perspectiva de xénero.
Concurso de carteis preventivos
Para amosar o traballo que se realiza nos centros educativos convócase a IV edición do Concurso de carteis preventivos, que conta con gran aceptación por parte dos escolares, e que está exposto no Concello até hoxe.