“PONTEVERÁN 2015” Programa de lecer e tempo libre para o verán

469

FINALIDADE

Ofertar á mocidade e infancia de Pontevedra un programa educativo e lúdico de actividades de tempo libre para as vacacións do verán, baseado en valores de igualdade, convivencia, respecto ao ambiente, coñecemento da propia cultura e de promoción da actividade física e o deporte.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Priorizaranse nenos e nenas, mozos e mozas do Concello de Pontevedra . No caso de non cubrirse as prazas poderán optar persoas doutros concellos e doutras idades a través da listaxe de agarda.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A partir do 3 de xuño, pre-inscrición on-line, presencial, telefónica ou por e-mail. Consulta as datas para cada actividade no programa

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Nas actividades con pre-inscrición avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición coa documentación necesaria. Poderanse consultar as listaxes de persoas admitidas así como listaxes de agarda presencialmente na Oficina de Xuventude.

NOTAS IMPORTANTES

– Todas as actividades teñen un número de prazas reservadas para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais.

– No caso dos 3 obradoiros “Lecer crítico e construtivo”, “Pontevedra polos 4 costados” e “Creamos con Stop Motion” cada neno ou nena só poderá solicitar 1 destes obradoiros.

– No caso da “Aula de Natureza” cada nena ou neno só poderá solicitar 1 das 3 quendas.

DESCONTOS

As maioría das cotas de inscrición son gratuítas, pero algunhas están subvencionadas na súa maior parte e teñen unha cota moi reducida. Aínda así, sobre esas cotas establecerase o habitual sistema de descontos:

  • 20% desconto co Carné Xove
  • 50% desconto a familias numerosas
  • 50% desconto a partir da 2ª persoa da mesma unidade familiar
  • 100% con derivación dos Servizos Sociais municipais

Os descontos son excluíntes entre si

MÁIS INFORMACIÓN

Programa Ponteverán 2015

http://xuventude.pontevedra.eu

En horario de luns a venres de 9 a 14h.
Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra.
R/ Sor Lucía, 2, 3º

Tel. 986 840367

xuventude@pontevedra.eu