Sanidade animal realiza esta fin de semana o chipeado dos cans do rural

141

A Concellaría de Sanidade Animal concluíu esta semana o chipeado de cans no ámbito urbano, e realizará mañá pola tarde e o domingo pola mañá as peticións de chipeado de cans procedentes do rural. Nesta campaña incluída dentro da programación Yes, we can, anotáronse máis de 60 animais, dos cales 28 proceden do rural.

O chipeado destes cans farase mañá pola tarde, a partir das 16.00 horas, nos baixos do Concello (Michelena, 30) onde están citados 18 animais. E na zona norte do concello, o chipeado realizarase na mañá do domingo, na Casa da Cultura de Santa María de Xeve, onde existe unha lista de outros 18 cans.

Na zona urbana o chipeado realizouse grazas á colaboración de dúas clínicas veterinarias da cidade así como da veterinaria do refuxo “Os Palleiros”.

O propósito desta campaña de chipeado é tratar de regularizar ao maior número de animais posíbel, así como de incentivar aos donos dos cans a que teñan en regla ao seu animal e evitar os abandonos, unha práctica cada día máis habitual e preocupante.