Xuntanza das forzas políticas da nova Corporación municipal

205

Os voceiros das forzas políticas que integrararán a nova Corporación municipal participaron hoxe nunha xuntanza co alcalde en funcións para perfilar a sesión de investidura, que se celebrará o próximo día 13 de xuño.

Na xuntanza, que durou tres cuartos de hora, explicouse o procedemento da sesión e para a elección do titular da Alcaldía. Entregouse un pen-drive que contén documentación preliminar e que pode ser de utilidade: Orzamentos do Concello de 2015, Memoria do Tribunal Económico-Administrativo, Regulamento Orgánico do Pleno, Regulamento de Participación Cidadá, Regulamento Orgánico do Goberno e da Administración Local, Lei de Bases de Réxime Local e a Ordenanza de Impulso do Galego.

Presidiu a xuntanza o alcalde en funcións, Miguel Anxo Fernández Lores. En representación dos grupos políticos asistiron Raimundo González (BNG), Jacobo Moreira (PP), Agustín Fernández (PSdeG-PSOE), Luis Rei (Marea Pontevedra) e María Rey (C’s).