Os avogados de España estudan en Pontevedra optimizar a práctica diaria da avogacía

256

O concello recibirá os vindeiros 2 e 3 de xullo a un centenar de profesionais da Avogacía de todo o Estado para participar nas Xornadas Nacionais de Comisións de Relacións coa Administración de Xustiza. Hoxe foron presentadas polo decado de avogados de Pontevedra, Ramón Jáurequi que mantivo un encontro co alcalde quen se comprometeu a dar a benvida a todos os profesionais e colaborar con estas xornadas dende o Concello.

As xornadas abordarán a optimización da práctica diaria da avogacía en relación coas xulgados: asistencia a detidos, creacións de axendas para conxugar intereses dos xulgados e os profesionais da avogacía son algúns dos temas que se abordarán nestas dúas xornadas.