Comeza o mantemento das praias do concello para que estean listas para o verán

122

A Concellaría de Medio Natural iniciou esta semana os traballos para a posta a punto dos areais do concello. A praia dos Praceres e as praias fluviais de Ponte Sampaio e do Lérez están a concentrar todos os traballos de moi diversa índole, xa que van dende a limpeza, e mantemento ou reposición de mobiliario público, á achega de area. Ademais, está previsto que o servizo de socorristas que entre en vigor a partir do sábado, 20 de xuño.

Onte comezaron os traballos na praia dos Praceres que consisten na limpeza do areal así como da retirada da herba que invada a praia no inverno. Tamén se fará unha pequena achega de area cara ás rocas para tratar de ampliar un pouco máis a praia que é moi usada por parte dos veciños do lugar durante o verán. Tamén se está a supervisar o mobiliario urbano da praia para melloralo ou repoñer o que estea deteriorado.

Na xornada de hoxe estaba previsto que comezasen os traballos na praia fluvial do Lérez coa limpeza do areal e a achega de area de canteira para completar os arrastres das mareas durante o inverno. A area que se incorporará este ano é de diferente natureza que a de tempadas pasadas: É máis fina. O obxectivo é que a praia teña unha area máis agradábel para o paseo e tamén para o descanso.

Nos próximos días tamén se instalarán as balizas que delimitan a praia na época estival para delimitar a zona segura de baño. Ademais, está previsto que o servizo de socorristas inicie o seu traballo o sábado, 20 de xuño.

A última das praias que se acondicionará será a de Ponte Sampaio, onde está previsto que se nivelar a area que durante o inverno vaise distribuíndo de modo irregular en distintos puntos da praia. E tamén se completará en aqueles puntos onde os arrastres das mareas son maiores.

Nas fins de semana, a Cruz Vermella terá un servizo de socorrismo na praia durante todo os meses do verán. Entrará en funcionamento a partir do 20 deste mes.

Nas dúas praias fluviais faranse traballos de limpeza e mantemento xeral dos espazos comúns e de todo o mobiliario público.