O Concello consolida o núcleo do Salgueiral coa creación de varias pistas deportivas e de lecer

123

O concelleiro delegado da parroquia de Bora, Miguel Filgueira visitou esta mañá os traballos de arranxo que o Concello está a realizar na contorno da Casa da Cultura do Salgueiral. Trátase de consolidar este espazo como punto de encontro veciñal e dotalo dunha serie de instalacións deportivas e de lecer demandadas polos veciños do lugar.

Miguel Filgueira puido comprobar como se está a arranxar a contorna da Casa da Cultura -antiga escola unitaria- que tamén foi remocicada recentemente. Ademais de facer traballos de roza e limpeza da parcela anexa á Casa da Cultura, así como de recollida de augas pluvias e delimitando os espazos, estase a construír unha pista polideportiva, sendas pistas de xogo da petanca e da chave, e tamén estanse a instalar uns elementos de ximnasia para persoas maiores.

O obxectivo desta obra é consolidar este núcleo de centralidade parroquial no Salgueiral, un dos puntos máis alonxados do Concello e que reúne cada fin de semana en torno a corenta ou cincuenta persoas.