Discapacidade e medios de comunicación, tema do Hefesto 2015

263

A Concellaría de Benestar Social Municipal, a través da programación da Casazul, comezou a desenvolver a terceira edición do programa Hefesto que deseña unha intervencion innovadora e atractiva tentando conectar mundos onde normalmente non se achega a sociedade.

Este ano Hefesto 2015 céntrase no eido dos medios de comunicación colándose nas emisoras, redaccións, aulas de facultade e redes sociais coa fin de que se escoiten as súas voces. Hefesto 2015 é un proxecto moi ambicioso e peta nas portas dos medios de comunicación para pedirlles que presten a súa experiencia ao proxecto para que o programa de este Hefesto sexa un dos máis importantes pola súa difusión. Participan, polo tanto, nesta edición Cadena Ser, Cope, Onda Cero, Pontevedraviva, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra e Faro de Vigo, así como a Facultade de Comunicación Audiovisual do campus de Pontevedra. Todos están a traballar formando un equipo inclusivo, exemplo do modelo de cidade onde Pontevedra axuda á discapacidade a ocupar o seu posto real e activo.

Os equipos que están deseñados son:

  • Equipo de radio
  • Equipo de prensa escrita
  • Equipo de redes sociais
  • Equipo de spot
  • Equipo de Unidade didáctica
  • Equipo de audiovisuai
  • Equipo de evento final, que será o día 3 de decembro coincindo co Día internacional das persoas con discapacidade, que se celebrará no Teatro Principal ás 20.00 horas.

Este programa está apoiado polas entidades pontevedresas que traballan pola discapacidade: Amizade, Down-Pontevedra Xuntos, Juan XXIII, Alba Amencer-Aspace, Asociación de xordos Pontevedra “Río Lérez” e outros colectivos de diversas discapacidades.

 

Podes seguir o Hefesto en:

twitter.com/hefestocasazul

instagram.com/hefestocasazul

facebook.com/pages/Hefesto-Casazul/355041751341822