As entidades de Redaxuda presentan proxectos para investir os 30.000 dólares do premio ONU-Habitat

182

As entidades que integran Redeaxuda e a Concellaría de Benestar Social Municipal mantiveron esta mañá unha reunión para decir onde investir os cartos procedentes do premio ONU-Habitat concedido ao Concello de Pontevedra. Segundo indicou a concelleira Carmen Fouces, inicialmente estaba previsto destinalo ao pago dos suministros e demais gastos das familias que se van instalar no polígono de Valdecorvos, pero finalmente declinouse esta opción dado que se optou porque soliciten estas axudas a través da emerxencia social.

Finalmente, acordouse que cada unha das entidades de Redeaxuda presentaran un proxecto para investir estes cartos, e as propostas coñecéronse hoxe.

  • A Fundación Meniños acordou presentar un programa de ocio educativo que até o de agora era financiado por entidade bancaria e xa rematou esta colaboración. Usará os cartos deste premio para seguir con este proxecto que consiste en dotar aos nenos incluídos no programa de material preciso para as súas actividades: instrumentos a aqueles que acuden ao conservatorio, pagos de cotas para prácticas deportivas ou actividades extraescolares…
  • Rexurdir provincial, que ten a empresa de inserción social Feito, precisa dunha pequena camioneta para trasladar mercadorías e materiais de traballos da empresa, que se adica, sobre todo, á xardinería. Mercarase un vehículo de segunda man, en lugar de alugalo.
  • Caritas precisa facer reformas en albergue de San Javier. Pintar, comprar mobiliario novo… adecentar as instalacións.
  • A Fundación Amigos de Galicia porán en marcha un reforzo educativo no verán para nenos que non teñan acceso a pasantía ou a reforzos no verán.
  • O Club de leóns queren investilo na comprar aceite, que é o que precisan
  • San Vicente Paul, Calor y Café tamén van invertir os cartos do premio no adecentamento e mellora do albergue porque son instalacións moi usadas e precisan unha permanente posta a punto.
  • O Secretariado Xitano dará becas de transporte nos programas de formación para homes e mulleres que eles mesmos imparten. Son programas de capacitación de acceso ao mercado laboral, e que teñen uns pequenos gastos como o transporte que até o de agora pagan as propias voluntarias e traballadores da Fundación.

As entidades que integran Redeaxuda comprometéronse a presentar as memorias valoradas para iniciar os respectivos expedientes que permitan os pagos. O total do premio foron 30.000 euros que se atopan bloqueados nas contas do Concello.

Carmen Fouces lembrou que Redeaxuda pretende coordinarse, optimizar os recursos e cruzar datos. “Sentarse arredor dunha mesa para coñecer cales son as necesidades reales e non pontificar dende a mesa dun despacho de unha concelleira concreta”, explicou a concelleira de Benestar Social Municipal.