O alcalde apoia aos traballadores de Liteyca, subcontrata de Telefónica

183

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores mantivo esta mañá un encontro cun numeroso número de traballadores da empresa Liteyca, subcontrata de Telefónica, que estiveron durante 43 días en folga para reclamar dignidade no traballo. Ante a falta de empatía por parte da empresa, os traballadores acordaron volve ao traballo, aínda que con paros puntuais como o que protagonizaron na xornada de hoxe.

Os traballadores de Liteyca solicitan mellorar as súas condicións laborais que neste momento están fórda da legalidade, segundo as súas palabras. Manteñen un contrato que lles obriga a obter 16 puntos por xornada laboral para evitaren ser despedidos. Estos 16 puntos implica traballos de 10 e 12 horas diarias, é dicir “a máxima rendabilidade sácanna do lombo dos traballadores”, apuntaba o alcalde quen lle deu o seu respaldo nas súas protestas, e se reuniu con eles para coñecer e dar a coñecer a súa problemática desta empresa con sede en Santo André de Xeve.

Na actualidade os traballadores manterán unha reunión coa empresa, mediante a intermediación da Inspección de Traballo, porque até o de agora negáronse a sentarse cos traballadores.

Segundo explicaron dende o Comité de empresa. Telefónica tivo o pasado ano 4.000 millóns de euros de beneficio e reducidu a súa plantilla de 75.000 traballadores a 23.000. E na actualidade vai presentar un novo ERE de 8.000 traballadores. O groso da plantilla pasou a mans de subcontratas que precarizaron, até o extremo, a súa situación laboral