Suspendido o Surfing Lérez polas malas previsións meteorolóxicas

243

A Concellaría de Festas acordou esta semana suspender o festival Surfing Lérez, previsto para esta fin de semana, ante as malas previsións meteorolóxicas. O festival celebrarase logo do verán, pero a data aínda está por concretar.