Parques e Xardíns complementa o mantemento da praia fluvial coa poda dos plátanos

188

A Concellaría de Medio Ambiente está a complementar os traballos de mantemento que está a realizar na praia fluvial coa poda dos plátanos do paseo de entrada á praia fluvial, así como de limpeza e roza da zona de estar situada ao carón da praia.

            A poda dos plátanos do paseo de entrada á praia está a facerse por motivos de sanidade e para alongar a vida do exemplar, así como para dar un pouco máis de iluminación á zona xa que son árbores moi frondosas.

            Tamén se está a limpar e a rozar a zona verde anexa, onde se atopan as mesas e os bancos de descanso, ademais de podar algún eucalipto da zona que están enfermos e ou que están inseguros no lugar.