O alcalde nomea o novo Goberno de Pontevedra

291

Media hora despois da toma de posesión de Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde de Pontevedra, o Concello xa dispoñía de novo Goberno. Na Sala de Comisións do edificio administrativo do Concello, na rúa Michelena, 30, o alcalde asinaba a constitución da Xunta de Goberno, nomeaba aos tenentes de alcalde e distribuía as áreas de Goberno entre os 12 concelleiros do BNG, que dende hoxe conforman o Goberno Local.

As novas áreas de Goberno quedan distribuídas da seguinte maneira:

1) ÁREA DE URBANISMO, PROTECCIÓN CIDADÁ, SERVIZOS E FESTAS: Dona María Carmen da Silva Méndez, que comprende o seguinte ámbito funcional:

a) Coordinación e dirección directa da policía local.

b) A solicitude de autorización para realización de servizos sen uniforme por parte dos axentes da policia local.

c) Coordinación e supervisión do servizo municipal de extinción de incendios.

d) Coordinación e supervisión do servizo de protección civil.

e) Coordinación do plan de emerxencia municipal.

f) Ocupación de vías públicas (como pasaxes permanentes, veladores, casetas, etc.).

g) Dirección e coordinación en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario.

h) Xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.

i) Iniciativa, programación e xestión de actividades lúdicas e festas.

k) Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas por outras administracións ou entidades.

l) A imposición de sancións en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario.

m) Planeamento urbanístico

n) Xestión urbanística.

ñ) Licenzas urbanísticas, declaracións responsables e comunicacións previas de obras e actividades.

o) Disciplina medioambiental, infraccións urbanísticas e reposición da legalidade urbanística.

p) Ordenes de execución e declaracións de estado de ruína.

q) Dirección e coordinación por infraccións ás normas urbanísticas, medioambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia de Alcaldía.

r) Imposición de sancións por infracción as normas urbanísticas, medio ambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia da alcaldía.

2) AREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, EMPREGO E TURISMO: Dona Ana Gulías Torreiro, que comprende do seguinte ámbito funcional:

a) Promoción da cidade

b) Actividades de promoción económica de todos os sectores productivos.

c) Políticas de emprego.

d) Promoción e fomento do turismo.

e) Proxección exterior da cidade e promoción do turismo.

f) Fomento e xestión de actividades feirais e congresuais.

g) Xestión de congresos e feiras no recinto do Pazo en coordinación co organismo autónomo.

h)Incentivación das actividades empresariais.

j)Comercio.

k)Industria.

3) AREA DE ACCESIBILIDADE, PATRIMONIO HISTÓRICO E MEDIO AMBIENTE URBANO Don Xosé Luis Bará Torres, que comprende o seguinte ámbito funcional:

a) Xestión da mobilidade.

b)Accesibilidade

c) Transportes públicos e auto-taxis.

d) Vivenda, areas de rehabilitación integral e outros instrumentos de xestión de vivenda.

e)Patrimonio cultural e etnográfico.

f) Zonas verdes, parques e praias urbanas.

g) Sostemento dos espazos públicos: iluminación pública e vías públicas urbanas.

h) Participación social urbana

i) Coordinación das actuacións urbanas

k) A coordinación dos servizos territorializados no medio urbano, debendo homoxeneizar os criterios de actuación dos concelleiros que teñan asignados os distintos ámbitos territoriais.

l) Xestión de estacionamentos en réxime de concesión.

m) Coordinación da participación social urbana.

4) ÁREA DE DEPORTES, CULTURA E DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURAL: Dona María dos Anxos Riveiro Portela, que comprende o seguinte ámbito funcional:

a) Promoción e xestión da cultura.

b) A vicepresidencia do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións.

c) Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade física, práctica deportiva e instalacións deportivas.

d) A presidencia do organismo autónomo do Instituto Municipal Deportes.

e) Fomento do consumo saudable.

f)Dinamización sociocultural.

5) ÁREA DE CONTRATACIÓN E FACENDA: Don Raimundo González Carballo, que comprende o seguinte ámbito funcional:

a)Orzamentos e gasto público.

b)Ingresos de dereito privado e de dereito público, tributarios e non tributarios en todo o que non sexa competencia do Órgano de Tesourería e Xestión Tributaria.

c)Autorización e disposición de gastos, non atribuídos a outro órgano de goberno por disposición legal.

d)Ordenación de pagos.

e)Xestión e supervisión do ciclo da auga.

f) Servizos territorializados en Pontesampaio e Canicouva, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.

g) As atribucións de expropiación e adquisición de inmobles que competen á Alcaldía nos procedementos de levantamento de actas de pagamento e de ocupación dos bens e dereitos afectados polos expedientes de expropiación forzosa.

6) AREA DE EDUCACIÓN, IGUALDADE E SERVIZOS SOCIAIS: Dona María do Carme Fouces Díaz, que comprende o seguinte ámbito funcional:

a)Servizos Sociais.

b)Servizo de drogodependencias, Unidade de Día, prevención e inserción.

c) Cemiteiros

d) Garderías.

e) Promoción da Igualdade.

f) Educación:

g) Universidade

h) Participación social ubana na zona sur

7) ÁREA DE PERSOAL, RÉXIME INTERIOR E PATRIMONIO: Don Vicente García Legísima, que comprende o seguinte ámbito funcional:

a) Réxime interior.

b)Organización funcional da administración municipal.

c)Negociación de acordos e convenios colectivos, reguladores das condicións de traballo e melloras sociais.

d)Seguimento e control do cumprimento dos dereitos e deberes do persoal ó servizo do concello.

e)Decisións, propostas e trámites en materia de persoal que sexan competencia da Alcaldía.

f)Patrimonio municipal.

g)Responsabilidade patrimonial e reclamación de danos ao patrimonio municipal.

h) Mellora, mantemento e conservación dos mercados municipais e funcionamento dos mercadillos de venda ambulante.

i) Xestión do matadoiro muncipal

k)Xestión do Padrón municipal de habitantes.

8) AREA DO RURAL E XUVENTUDE: Don Demetrio Gómez Xunqueira, que comprende o seguinte ámbito funcional:

a) Xuventude.

b) Montes e parques forestais

c) Zonas verdes, parques e praias rurais.

d) Sostemento dos espazos públicos: iluminación pública e vías públicas rurais.

e) Accesibilidade no rural

f) A coordinación dos servizos territorializados no medio rural, debendo homoxeneizar os criterios de actuación dos concelleiros que teñan asignados os distintos ámbitos territoriais.

g) Servizos territorializados en Marcón, Tomeza, Salcedo, Lourizán, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.

Segundo.- DELEGACIÓNS ESPECIAIS: Confírense as seguintes delegacións especiais, a favor dos concelleiros delegados que se indican, baixo a coordinación do concelleiro responsable da respectiva área:

A) SERVIZO DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E OBRAS URBANAS. Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, baixo a coordinación da concellaría responsable da Área de urbanismo, protección cidadá, servizos e festas, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

a) Ordenación do territorio.

b) Infraestruturas.

c) Ordenación xeral da mobilidade.

d) Proxectos integrais de urbanización e reurbanización.

B) SERVIZOS TERRITORIALIZADOS E SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL: Dona María do Pilar Comesaña Hermida, baixo a coordinación da concellaría responsable da Área de rural e xuventude, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

a) Sanidade animal

b) Canceira e animais abandonados.

c)A inscrición e modificación no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.

d) Servizos territorializados en Lérez, Alba, Cerponzóns, Campaño ,Verducido, Santa María de Xeve, Santo André de Xeve, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.

C) SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E SOCIEDADE DO COÑECEMENTO: Don Luis Alberto Oubiña Piay, baixo a coordinación da concellaría responsable da Área de Contatación e Facenda, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

a)Sociedade do coñecemento.

b) Novas tecnoloxías

c) Normalización lingüística e cultural.

d) Participación social ubana na zona norte

e) Servizos territorializados en, Bora e Mourente, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.