O Mercadillo trasládase a Xoán Manuel Pintos este sábado polos campionatos de Triatlón

170

Por mor do Campionato de España de Triatlón e Aquatlón que se celebra esta fin de semana na cidade, a Concellaría de Promoción Económica acordou cambiar de situación o mercado de venda ambulante que semanalmente celébrase na rúa Enxeñeiro Rafael Areses.

            O Mercado ambulante celebrarase o sábado, 20 de xuño, pero variará a súa situacion trasladándose as dúas explanadas situadas en fronte do Pavillón Municipal dos Deportes, na rúa Xoán Manuel Pintos. A entrada dos vehículos que participan e dan servizo ao Mercadillo darase pola avenida de Compostela.