Benestar Social renova as 27 hortas urbanas de Finca do Conde, e adxudica outras 10 novas

141

A Concellaría de Benestar Social Municipal acaba de renovar 27 hortas urbanas na Finca do Conde, e tamén adxudicou outras 10 a outras tantas persoas polas baixas que se realizaron neste ano. Neste momento seis persoas están en lista de agarda.

            Ante o bo funcionamento e a resposta cidadá, a Concellaría de Benestar Social Municipal está estudando a posibilidade de ampliar o número de hortas, tanto nesta zona como noutras parcelas municipais que hai en distintos barrios da cidade.

            Cabe lembrar que a Concellaría puxo en marcha este proxecto hai un ano, aproximadamente, tratando de priorizar ao colectivo de mulleres en risco de exclusión, e introducindo á asociación Xoán XXIII como encargada de crear a horta o que implicou a limpeza de boa parte da parcela, a creación dunha zona de estar con bancos e mesas, unha caseta para gardar os aparellos, entre outros labores. A empresa “Feito”, a primeira empresa de inserción social do municipo, está a facer os labores de mantemento do espazo no que se atopa a Horta urbana durante os vindeiros meses.