Medio Ambiente e Sirio convídanvos a observar Venus, Saturno e Xúpiter mañá pola noite

244

A Concellaría de Medio Ambiente en colaboración coa Asociación astronómica Sirio organiza este venres, 19 de xuño, unha observación urbana na praza da Constitución, en Campolongo, a partir das 22.15 horas.

            Aínda que a Asociación levará instrumentos para observar o ceo, dende a Concellaría anímase a todas as persoas que o desexen a que leven os seus propios telescopios para observar o ceo.

            Nesta ocasión observaranse os planetas Venus, Xúpiter (con catro das súas lúas) e Saturno e os seus aneis. Ademais tratarán de adentrarse no ceo profundo observando a nebulosa planetaria do anel e o gran cúmulo globular de Hércules.