A restauración das fontes do centro histórico permitirán que volvan funcionar nunha semanas

119

Nunhas semanas estarán listas as catro fontes históricas situadas nas prazas da zona monumental segundo explicou esta mañá o concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará quen visitou estes traballos de restauración acompañado do arquitecto municipal e unha responsábel da empresa Toxos Soutos, encargada da conservación destas fontes.

O concelleiro explicou que dentro dos traballos de conservación do centro histórico, “está a restauración destas catro fontes para facelas funcionais e utilizables porque estaban estropeadas e tiñan problemas cos mecanismos de fontanería”.

Polo tanto reparouse todo o sistema de augas das fontes, tamén se realizaron pezas en ferro fundido -partindo dos orixinais- de pezas que estaban deterioradas, retiourse o óxido, fíxose un masillado de zonas deterioradas ou que perderan volume, e tamén se lles cambiou a cor porque afondando na documentación histórica sobre as fontes descubriuse que orixinariamente eran de bronce antigo, unha cor similar á que teñen agora.

Ademais substituíuse as lingas por billas que levan manómetros para que sexan máis fáciles de pulsar -incluso por nenos- e tamén para que os chorros de auga non sexan tan bruscos.

As fontes volverán a estar operativas nunhas semanas.