Ábrese o mércores o desdobramento para iniciar a reurbanización da avenida de Vigo

133

As obras do desdobramento da avenida de Vigo vivirán a vindeira semana un paso adiante moi importante. Debido aos traballos de reurbanización que está previsto que comecen na avenida de Vigo, será necesario abrir ao tráfico o novo vial (o desdobramento) a partir do mércores, 24 de xuño, ás 10.00 horas.

            As obras de reurbanización da avenida de Vigo -até o cruzamento coa rúa Luís Seoane- implicarán, tamén, eliminar un carril de circulación e deixar a rúa de saída cada ao nó do Pino. A entrada á cidade farase a través do novo vial, polo que tamén se poderá saír.

            Debido a estas obras será preciso facer restriccións de estacionamento que xa están previstas para o martes, 23 e tamén para o mércores, 24.

            Dende o departamento de Mobilidade do Concello elaborouse un plan de tráfico, e tamén se dará información a todos os edificios da avenida de Vigo sobre os cambios previstos a vindeira semana.

            Todos estes cambios son de carácter provisional mentres se continúa avanzando no proxecto de máis de 4,1 millóns de euros, que incluía, ademais da construción do novo vial, a reforma da metade da avenida de Vigo, a avenida da Estación, a confluencia entre ambas avenidas, un paseo peonil para continuar a senda do Gafos, urbanizar Luís Seoane e un pequeno paseo peonil entre o novo desdobramento e a avenida de Vigo. Estas últimas obras son melloras presentadas polas empresas adxudicatarias e que están valoradas en 1.160.000 euros.

Plan de mobilidade