As cidades do Eixo Atlántico mostran o seu potencial en Expocidades, en Viana do Castelo

127

Unha ampla representación das cidades galegas e portuguesas integradas no Eixo Atlántico, entre elas Pontevedra, mostrarán o potencial do turismo de proximidade na terceira edición da Mostra de Turismo das Cidades do Eixo Atlántico, Expocidades que se celebrará en Viana do Castelo esta fin de semana.

            31 cidades, 2 diputacións e 29 stands ocuparán unha feira que mostrará as posibilidades turísticas das cidades participantes, unha oferta enfocada ao turismo de proximidade dada a proximidade que existe entre as urbes galegas e portuguesas e a variedade de ofertas turísticas ao visitante.
Expocidades será o maior escaparate do potencial turístico das cidades que integran o Eixo Atlántico.

            Creada fai máis de 23 anos, a entidade transfronteriza é unha das principais referencias do que acontece na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que agrupa ás 38 principais cidades e entidades de Galicia e do Norte de Portugal, metade galegas e metade portuguesas.

            A exposición estará situada en pleno centro da cidade, no Centro Cultural de Viana do Castelo, obra do arquitecto Soto Moura, premio Pritzker (equivalente ao novel de arquitectura). Paralelamente ao desenvolvemento da feira terán lugar outras actividades de degustacións de produtos típicos das cidades (doces, pan, viños, conservas…), actuacións musicais e teatrais, a exposición de aves do zoológico de Maia durante unha das xornadas, proxección de videos documentais das cidades e encontros turísticos entre profesionais do sector.

            Nesta terceira edición, logo de pasar por Lugo e Pontevedra, que recibiu máis de 10.000 visitantes en tres días, o deseño da feira tamén se axustará aos estándares de sostenibilidad tanto no emprego de materiais reutilizables como na separación dos residuos, entre outros. A entrada será de balde