O XVI Memorial Ricardo Portela homenaxea ao mestre Manuel Viqueira

249

O Concello de Pontevedra celebrará os vindeiros 10 e 11 de xullo a XVI edición do Memorial Ricardo Portela que nesta ocasión será unha homenaxe ao mestre Manuel Viqueira. Volverase a celebrar na praza da Ferraría.

Como en edicións anteriores os dous días do Memorial irán acompañados da XIII Mostra de Artesáns de instrumentos tradicionais no que participarán 12 artesáns para amosar o proceso de fabricación de instrumentos de percusión, vento e corda. A mostra abrirá o venres de 17 a 21.3 horas, e volverá a abrir o sábado de 11.30 a 14 horas e de 17.00 a 21.30 horas.

A programación musical é a seguinte:

Venres, 10 de xullo:

  • 20.00 horas. Pasarrúas de Picuíña, polas rúas e prazas do centro histórico.
  • 21.00 horas. Actuación de Xistra de Coruxo na praza da Ferraría.

Sábado, 11 de xullo:

  • 12.00 horas. Pasarrúas de Contracocheno.
  • 19.30 horas. Pasarrúas de Gomes Mouro e de Berros do Castro por prazas e rúas da cidade.
  • 21.00 horas. Homenaxe a Manuel Viqueira, na praza da Ferraría
  • 21.15 horas. Actuación do Coro Novo Aires da Terra na praza da Ferraría.