Continúa aberta a exposición “Que podes atopar nun arquivo municipal”

108

O Concello de Pontevedra mantén aberta a exposición “Que podes atopar nun arquivo municipal” que se atopa na propia sede do Arquivo Municipal, no edificio Froebel, situado na praza de Concepción Arenal. A exposición abriu a pasada semana coincidindo co Día internacional dos Museos.

Trátase dunha exposición que está aberta de 10.00 a 13.30 horas e a entrada é de balde.