O Recinto acolle o Campionato de España de Ximnasia Rítmica de clubs e autonomías

190

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle esta fin de semana o Campionato de España de Xinmasia rítmica de clubs e de autonomías, a primeira vez que este campionato se celebra na cidade do Lérez. Será do venres, 26 ao domingo, 28 de xuño.

A primeira xornada, o xoves, estará adicada a adestramentos oficiais a porta pechada e dende o venres poderá acudir o público ás competicións oficiais.

No Campionato está previsto que participen 500 deportistas chegadas de todas as autonomías do Estado, así como 200 persoas máis en calidade de adestradoras, xuices, persoal de federacións…

O Recinto Feiral é a instalación municipal que acollerá este campionato, onde se instalou unha bancada de 1.700 persoas, así como un tapiz central de competición, dous tapices de pre-competición e seis tapices máis de quecemento.

O Campionato está organizado polo Club Treboada de Ximnasia e a Real Federación Española de Ximnasia, e conta co patrocinio do Concello de Pontevedra.

A vindeira semana celebrarase tamén en Pontevedra o Campionato de España de Ximnasia Rítmica Individual 2015.