Volve o Proxecto Orquestral ao Pazo da Cultura

163

Pontevedra, 23 de xuño de 2015. O Proxecto Orquestral do Conservatorio e a Escola de Música de Cangas volven a protagonizar o Proxecto Orquestral que actuará este venres, 26 de xuño, ás 21 horas no Pazo da Cultura. A entrada é de balde.

Despois de varios anos de traballo e un DVD (Proc 2014 en Concerto no Teatro Principal de Pontevedra) e catro CDs editados (Proxecto Orquestral, 2009; In Crescendo, 2010; Encores, 2013; Suite de Sons, 2014), o Proxecto Orquestral do Conservatorio e a Escola de Música de Cangas, volve a Pontevedra cunha formación renovada de sesenta rapazas e rapaces, todos eles alumnos, ex alumnos e mestres do Conservatorio Profesional de Música de Cangas e da Escola de Música “Mestre Inocentes Camaño”.

Baixo a dirección musical do mestre Alberto González Avilés, o Proc rematará en Pontevedra a xira 2015 cun novo repertorio, composto e arranxado para esta agrupación polo propio Alberto González Avilés.

PROGRAMA

 

1º PARTE

TEMA DE “SABRINA” JOHN WILLIAMS
AMÉRICA (de West Side Story) LEONARD BERNSTEIN
HOME ALONE JOHN WILLIAMS
PIE JESU KARL JENKINS
UN EPÍLOGO SOBRE A B.S.O. DE E.T. JOHN WILLIAMS

 

 

2º PARTE

ADIÓS NONINO ASTOR PIAZZOLLA
SUNRISE, SUNSET JERRY BOCK
SUITE SINFÓNICA DO ANEL ALBERTO G. AVILÉS

(Baseada en temas orixinais do autor e de H. Shore)

  • Scherzo con fuoco-Primitivo
  • Adagio-Andante Maestoso-Final

Todas as obras son arranxos orixinais de Alberto G. Avilés para o Proxecto Orquestral.