O comisiario de Pontevedra: “A xente pode presumir de ter unha cidade segura”

200

O alcalde recibiu esta mañá ao comisario da Policía Nacional en Pontevedra, Guillermo Vázquez que deixa o seu posto con motivo da súa xubilación. Esta visita de despedida foi de carácter protocolario pero o alcalde quixo agradecerlle o bo trato e a implicación que tivo coa cidade porque “é unha persoa encantadora, e ímolo botar moito de menos, tanto eu como a concelleira de Protección Cidadá, como o intendente principal da Policía Local”.

Pola súa banda, Guillermo Vázquez destacou os “aceptables niveis de seguridade cidadá” en Pontevedra polo que concluíu que “a xente pode presumir de ter unha cidade segura”, por iso deulle a noraboa a todos os axentes implicados neste obxectivo.