Agarimosa recepción ao Cisne polo seu ascenso

131

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores ofreceu esta tarde unha recepción oficial ao Club Cisne de Pontevedra con motivo do seu recente ascenso á División de Honra. En compañía da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, todos os integrantes do Club recibiron os parabéns do Concello, a través do alcalde, quen os animou a continuar co esforzo desta tempada para seguir incrementando os seus éxitos.

Cisne 5Cisne 1