78 deportistas representarán a Pontevedra nos XI Xogos do Eixo Atlántico

325

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá no Teatro Principal aos mozos que participarán entre o 5 e o 10 de xullo nos XI Xogos do Eixo Atlántico en Portugal. Serán 78 deportistas que se desplazarán até Matosinhos, Porto e Vila Nova de Gaia, onde se celebrarán os xogos nesta edición.

Os deportes nos que participará a delegación pontevedresa son:

  • Fútbol 7 masculino
  • Baloncesto feminino e masculino
  • Balonmán masculino
  • Voleibol feminino,
  • Atletismo feminino e masculino
  • Atletismo adaptado feminino e masculino

Xunto aos deportistas (60 para competir en deportes colectivos e 18 para deportes individuais), viaxarán a Portugal 2 coordinadores municipais, 16 técnicos e 2 fisioterapeutas.

            Para máis información:

Facebook oficial de Pontevedra:

https://www.facebook.com/EixoPontevedra2015

Web oficial dos Xogos

https://www.jogosdoeixoatlantico2015.optimeios.com/