Dez familias do programa Maimiños e Furabolos da Baña, visitan Pontevedra

165

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado do concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, recibiu esta mañá ás familias que participan no programa Maimiños e Furabolos do Concello da Baña, que está vinculado co programa Apego no que participan tanto o Concello de Pontevedra como o da Baña, xunto a outros novos.

            Maimiños e Furabolos está dirixido a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos que pretende favorecer o uso da lingua galega nestas idades, fomentar a transmisión da lingua e estimular a socialización das crianzas en galego mentres interactúan as distintas xeracións da familia. Vese claramente que a cerna de Maimiños e Furabolos coincide moito co programa Apego; tamén ao tratar de ofrecerlles ás familias recursos en galego e de aprenderlles xogos e recitados tradicionais.

            Visitan Pontevedra 39 persoas -10 familias con nenos entre 0 e 6 anos) así como 6 adultos vinculados co programa Maimiños e Furabolos do Concello da Baña.

            Na súa visita a Pontevedra, ademais do encontro co alcalde tamén visitaron o CITA, fixeron o roteiro dos Bolechas e xantarán na Illa do Covo.

            Apego

            O Concello da Baña é, xunto con Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago e Vigo, un dos concellos que participa no programa Apego. É este un programa colectivo dirixido a familias que están esperando un bebé ou que teñen nenos e nenas de 0 a 6 anos. Pretende axudar á socialización do galego e a fomentar e transmitir o galego.

            Apego naceu por iniciativa da Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL) no curso de verán 2014 que organiza todos os anos a Universidade da Coruña en colaboración coa CTNL, o Concello de Carballo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

            Nun principio, comeza cunha campaña de difusión, coa creación do espazo web www.apego.gal que contén información sobre o proxecto, recursos e información de actividades dos concellos participantes. Tamén inclúe unha caixa de benvida a todas as embarazadas e a todas as familias con nenos e nenas nacidas neste ano que contén un apego, un libro, un álbum, un adhesivo para o coche e un medidor.

            Máis tarde, iranse incorporando ao programa Apego todas as actividades que se realicen nos concellos participantes que estean dirixidas a este sector de poboación; estas actividades serán publicadas a través da súa páxina web.

            Para poder chegar a todas as familias, Apego contará tamén coa axuda da matrona que asiste as embarazadas da zona; ela encargarase de difundir esta iniciativa co fin de que poida sumarse o maior número de familias posible.

            O Concello da Baña estivo desde un principio interesado neste proxecto dado que xa leva varios anos implicado, de maneira individual, con familias que teñen nenos e nenas de 0 a 6 anos a través do programa Maimiños e Furabolos. Algúns dos obxectivos deste programa son favorecer o uso da lingua galega nestas idades, fomentar a transmisión da lingua e estimular a socialización das crianzas en galego mentres interactúan as distintas xeracións da familia.

            Vese claramente que a cerna de Maimiños e Furabolos coincide moito co programa Apego; tamén ao tratar de ofrecerlles ás familias recursos en galego e de aprenderlles xogos e recitados tradicionais. Por isto, sumarse ao Apego para A Baña é un modo de continuar con máis forza na aventura de apego, amor, arraigo, lingua… pero agora de maneira conxunta.

            Bo día, Gabinete de Comunicación