O Concello apoia á comunidade escolar de Barcelos ante o peche dunha aula de infantil

92

A concelleira de Educación, Carmen Fouces recibiu esta mañá a unha representación da anpa do CEIP de Barcelos que lle informou da intención da Consellería de Educación de pechar unha liña de educación infantil no centro para o vindeiro curso.

“Non se está pedindo que se aumente a ratio, senón que se manteña o que hai agora”, informaba a concelleira de Educación, Carmen Fouces, quen indicou que esta decisión da Xunta supón “un desmantelamento premeditado, seguro e constante do ensino público”, e xa adiantou que hai varios centros que se atopan coa mesma problemática.