O Concello moi por debaixo do límite legal no período medio de pago a proveedores

69

O Concello de Pontevedra paga aos seus proveedores en 38,35 días de promedio, segundo avanzou onte o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo quen explicou que o Ministerio de Facenda foi variando o sistema para facer este promedio ao longo do ano.

Na actualidade o Ministerio obriga a contabilizar o pago no momento en que a factura entre polo Rexistro Municipal até que se paga. En total dá un prazo de 60 días para facer este pago, polo que o Concello de Pontevedra está en valores moi por debaixo de ese prazo.

Segundo indicou Raimundo González, o período de pago do primeiro trimestre do ano viviu distintas incidencias, polo que se incrementaron os prazos ao respecto dos últimos datos. É dicir, do último trimestre de 2014 cando o promedio era de 23,8 días.

O cambio no sistema de control da factura (agora é cando entra en Rexistro, antes cando era confirmada polo servizo e pasaba ao órgano de xestión orzamentaria); a entrada en vigor da factura electrónica; e o pago de cada unha das facturais individualmente (antes as similares acumulábanse, conformábanse todas xuntas e pagábanse todas xuntas, por exemplo as facturas eléctricas porque chegan ao mes máis de 300 ao Concello). Todas estas cousas redundaron en que incrementase o período de pago, aínda que o promedio actual é incomparable ao respecto do anterior porque os baremos son moi diferentes.

No primeiro trimestre de 2015 pagáronse no Concello 6.152.134 euros.

Ademais, o período medio de pago no Pazo da Cultura é de 18.66 días e no IMD de 32,73 días.