Rematan as pavimentacións parciais de rúas con Conde Bugallal e a avenida Domingo Fontán

142

O Concello de Pontevedra asfaltará mañá martes, 30 de xuño, parte das rúas Conde Bugallal e Domingo Fontán. Esta pavimentación inclúese dentro dun proxecto máis amplo do que xa se asfaltaron as rúas Sagasta, Xoaquín Costa, Peregrina, Portugal e a subida aos Areás, e que pretende alongar o máis posible a vida útil dos pavimentos.

            Estas son os dous últimos asfaltados deste plan que tivo que retrasarse até o remate do curso escolar nestes ámbitos, para evitar consecuencias no tráfico.

            Na rúa Conde Bugallal, pavimentarase o tramo entre o cruzamento do Marcon con Ramón Otero Pedraio. As obras comezarán ás 09.30 horas e rematarán pola tarde.

            A Policía Local elaborou un plan de tráfico para este ámbito. Pola mañá pecharase un so carril de circulación de tal xeito que se permitira a circulación entre o Marco e Conde Bugallal. O tráfico de saída de Conde Bugallal cara ao cruce do Marco será desviado por Ramon Otero Pedraio. Pechase, á altura de rúa Estación, o carril de saída de Ramón Otero Pedraio cara Conde Bugallal, agás residentes. O tráfico maior é pola maña, sentido Cruce do Marco – Conde Bugallal, de ahí que se facilite o tráfico de entrada a cidade.

            Pola tarde (a partir das 17:00 horas, aproximadamente, até o remate), os operarios traballaran no cruce entre Conde Bugallal e Otero Pedraio polo que invertirán o tráfico. Pechase o tráfico de entrada do Marco cara a Conde Bullagal e permitese o tráfico de saída.

            Na avenida Domingo Fontán, traballarase entre a Ponte das Correntes e o Cruce do Hostal Miramar. As obras durarán todo o día, e comezarán a partir das 08:30 horas. Polo tanto, o tráfico procedente de do Nó de Bombeiros será desviado pola Ponte das Correntes cara as avenidas de Uruguai e Bos Aires. Non se permitirá o tráfico procedente de Uruguai cara Miramar e si de saída cara Nó de Bombeiros.

            Mantense operativo o carril de saída dende Miramar cara Ponte das Correntes.

O orzamento total de todo este plan de pavimentación ascendeu que realiza a empresa Covsa ascendeu a 60.250,86 euros.