O Concello inicia mañá a segunda edición da Aula da Natureza para nenos

125

A Concellaría de Medio Ambiente Natural inicia mañá a segunda edición da Aula de Natureza e Interpretación, programa de actividades ambientais e lúdicas programadas para levar a cabo nos contornos naturais e monumentais do concello. Nenos e nenas terán a oportunidade de participar de actividades na natureza que aumentarán os seus coñecementos sobre o bosque, o mar, o río e a Historia da cidade.

O punto de chegada e recollida dos nenos é o Pazo de Cultura. E alí estarán se algún día chove pero se non, o obxectivo principal é realizar actividades no medio natural. As propostas son as seguintes:

  • Creación e preparación dun horto (na Xunqueira do Alba)
  • Anelamento de aves. Coñecemento da Xunqueira de Alba
  • Percorrido e actividades no sendeiro do Lérez
  • Visita ao Museo e actividades na Zona monumental da cidade
  • Actividade intermareal en Praceres (posiblemente actividade no banco marisqueiro)
  • Visita ao refuxio de animais de Campañó
  • Actividades na Illa das Esculturas….

Este curso está programado para nenos de 8 a 12 anos dende o 1 ao ao 11 de agosto, en tres quendas. O horario da Aula é de 09.30 a 14 horas, e participarán 20 nenos por cada quenda.