Prorrogada a concesión das Piscinas de Campolongo até o 30 de xuño de 2016

192

O Concello de Pontevedra constituíu esta mañá a Xunta Reitora do Instituto Municipal de Deportes (IMD) nunha sesión na que ían dous puntos importantes na orde do día: a prórroga da actual concesión das piscinas de Campolongo en mans da empresa Serviocio até o 30 de xuño de 2016 ou até que se resolva o segundo punto da comisión que foi inicio da tramitación administrativa para adxudicar unha nova concesión das piscinas.

Segundo explicou a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, ambos asuntos votáronse por separado, e resultaron aprobados por maioría. Na prórroga co apoio do BNG e de Marea, a abstención do PP e do PSOE, e o voto en contro de Ciudadanos.

Anxos Riveiro indicou que “dende agora temos tempo para ter rematado o prego o vindeiro 30 de xuño”, e anunciou que o obxectivo é replantexarse todos os proxectos até o de agora, polo que se aproveitarán cousas do último concurso -no que se refire solamente ás Piscinas de Campolongo-, e incorporar as propostas que queiran facer os grupos municipais, como no seu día xa anunciou o Partido Popular.

De todos os xeitos, a concelleira explicou que con este acordo se dá tranquilidade á plantilla das Piscinas de Campolongo, unhas 50 persoas que non tiñan claro a súa continuidade. Para Anxos Riveiro era prioritario clarificar o futuro dos traballadores.