O programa Hefesto comeza a trasladarse á rúa

215

O programa Hefesto 2015 comeza a ter as súas primeiras experiencias públicas, logo de traballar longamente nas oficinas e despachos.

Cabe lembrar que este ano Hefesto 2015 céntrase no eido dos medios de comunicación colándose nas emisoras, redaccións, aulas de facultade e redes sociais coa fin de que se escoiten as súas voces. Hefesto 2015 é un proxecto moi ambicioso e peta nas portas dos medios de comunicación para pedirlles que presten a súa experiencia ao proxecto para que o programa de este Hefesto sexa un dos máis importantes pola súa difusión.

Participan, polo tanto, nesta edición Cadena Ser, Cope, Onda Cero, Pontevedraviva, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra e Faro de Vigo, así como a Facultade de Comunicación Audiovisual do campus de Pontevedra. Todos están a traballar formando un equipo inclusivo, exemplo do modelo de cidade onde Pontevedra axuda á discapacidade a ocupar o seu posto real e activo.

O equipo de radio gravou a pasada semana as jingles en Radio Pontevedra Cadena Ser, que se emitirán ao longo do mes Hefesto, o mes de outubro. Este equipo tamén está a traballar con outras radios locais en outras colocacións que se darán a coñecer ao longo do mes Hefesto.

Paralelamente, o equipo de Redes Sociais colgará mañá no seu facebook a primeira entrevista a un “vip” da cidade que se someterá a unha pequena broma inclusiva.

O Hefesto tratará de ir “hefestizando” a calquera famoso o vip da nosa cidade.

Este programa está apoiado polas entidades pontevedresas que traballan pola discapacidade: Amizade, Down-Pontevedra Xuntos, Juan XXIII, Alba Amencer-Aspace, Asociación de xordos Pontevedra “Río Lérez” e outros colectivos de diversas discapacidades.