Continúa aberto o prazo para inscribirse en xantares e ceas a Feira Franca

149

O Concello de Pontevedra mantén aberto o prazo de inscrición para todas as persoas que queiran participar na vindeira Feira Franca. Poden facelo a través da Oficina da Feira Franca, situada no edificio administrativo do Concello na Rúa Alfonso XIII (ao carón da Biblioteca Pública) até o vindeiro 15 de xullo.

Tamén se poden inscribir a través da páxina web da Feira Franca http://feirafranca.pontevedra.gal/ onde se pode facer a inscrición online.

Dende o primeiro día, todas as persoas que o desexen poden presentar as súas solicitudes para participar en xantares, ceas, mercado ou na hostalaría, xa que todas as persoas que non o soliciten non poderán instalarse no ámbito da Feira Franca durante esa fin de semana.