Pontevedra, ben representada nos Xogos do Eixo Atlántico con 78 deportistas

232

Pontevedra está representada dende hoxe nos Xogos dos Eixo Atlántico, que viviu a súa inauguración oficial en Porto, unha das tres cidades anfitrionas destes xogos. Participarán 1.700 deportistas portugueses e españois, dos cales 78 son de Pontevedra.

Trátase da maior mobilización de deportistas a nivel europeo, nun evento destas características. É a primeira vez que tres cidades do Eixo únense para acoller os Xogos do Eixo Atlántico, nun claro exponente do interese que suscitá entre as cidades participantes.

Os Xogos, que se desenvolven en Porto, Vila Nova de Gaia e Matosinhos, teñen unha duración total de seis días nos que os mozos deportistas van disputar ata doce modalidades distintas. Entre elas teñen especial relevancia as disciplinas adaptadas de natación e atletismo.

A inauguración contou coa presenza dos alcaldes de Porto e Matosinhos, Rui Moreira e Guilherme Pinto, respectivamente, así como, do concelleiro de Vilanova de Gaia, Guillerme Aguiar xunto coa presenza do Presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Rio. Na inauguración tamén estiveron presentes os presidentes e concelleiros das cidades do Eixo Atlántico, que quixeron acompañar aos deportistas das súas cidades nun día tan especial para eles.

Estivo presente tamén na inauguración a vicepresidenta do Comité Olímpico Portugués, Rosa Mota, xunto o atleta galego, Chano Rodríguez, que con 15 medallas é o paralímpico español máis laureado. O nadador recibiu durante a inauguración o recoñecemento dos deportistas e organizadores polos valores de esforzo e superación que encarna.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro visitarán a delegación pontevedresa no transcurso dos xogos ao longo desta semana.