Máis dun millón de euros para a correcta sinalización das vías municipais

121

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proceso de contratación para a sinalización horizontal e vertical de todas as vías municipais tanto urbanas como rurais. Trátase dun contrato de 1.188.000 euros e por un período de catro anos, prorrogábel a outros dous máis, polo que o custe do contrato sería de 198.000 euros ao ano.

O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que este contrato, que poderá estar adxudicado no mes de outubro, permitirá cambiar a sinalización vertical obsoleta ou en mal estado, así como a instalación de novas sinais, e tamén o pintado de novas rúas ou o repintado de todos os elementos da sinalización horizontal no concello.