O asfaltado final do ámbito do desdobramento da avenida de Vigo será a finais de mes

152

O Concello de Pontevedra celebrou esta semana a súa primeira Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos na que se abordou o estado das obras da avenida de Vigo así como o proxecto de acceso a Monte Porreiro.

O presidente da Comisión, Luís Bará explicou ao seu remate foi un acordo unánime dos grupos a posibilidade de que as obras sexan visitadas conxuntamente por todos os grupos municipais e en compañía dos técnicos do Concello, sempre en función da súa dispoñibilidade.

Desdobramento da avenida de Vigo

Sobre as obras do desdobramento da avenida de Vigo e a reformadas rúas avenida da Estación e de Vigo, explicou que “están moi avanzadas e van en prazo”. Neste momento trabállase na avenida de Vigo, en dirección saída da cidade, onde se está a colocar o bordillo e a base de formigón da beirarrúa, para posteriomente instalar a lousa.

Está previsto que na última semana de xullo se acometa a pavimentación de todo este ámbito: a última capa de rodadura no desdobramento que está pendente da súa execución; así como as avenidas da Estación e de Vigo, ademais do novo espazo de distribución do tráfico que se está a crear no cruzamento das rúas Fernández Ladreda con avenida de Vigo e avenida da Estación.

Aproveitando esta obra estase acometendo unha pequena reforma no entronque da avenida de Vigo con Fernando II para permitir que os vehículos que saían desta rúa poidan incorporarse até a avenida da Estación, xa que co actual deseño so poderían saír da cidade.

O concelleiro de Mobilidade, tamén de Patrimonio Histórico, Luís Bará indicou que na próxima Comisión de Cultura levarán unha proposta do Grupo Municipal do BNG sobre o nome que lle darán a este novo vial. Segundo adiantou Luís Bará, a proposta do BNG será un nome de muller.

Novo acceso a Monte Porreiro

Ao respecto do proxecto de acceso a Monte Porreiro, Luís Bará manifestou que se deu conta á Comisión deste proxecto que entronca Tafisa coa Uned, pasando por debaixo da vía do tren e aproveita en parte a pista que sube dende ese punto até os Campos, para saír ao carón do antigo colexio. Sería un viario de dous carrís e unha soa beiarrúa de 2,5 metros de ancho.

Segundo o concelleiro “é unha mellora sensíbel porque soluciona os problemas de outros viarios e acurta a distancia entre a cidade e o barrio de Monte Porreiro, ademais de gañar espazos para o río e para outros usos deportivos”.

O orzamento deste proxecto é de 1,6 millóns de euros dos cales menos de 500.000 euros irán destinados ás expropiacións de fincas.

“A nosa intención é asinar un convenio coa Deputación provincial porque a lei lle permite axilizar as expropiacións”, explicou Luís Bará quen asegurou que o Concello está disposto a facer un esforzo para financiar as obras.

De levar adiante este convenio, este proxecto podería estar en execución no ano 2017.

Esta obra permitiría moitas melloras no ámbito do río, como suprimir u