O campus de balonmán Davor Cutura formará preto de 130 rapaces en xullo

194

O Concello de Pontevedra colabora co V Campus de balonmán Davor Cutura que se celebrará nas instalacións do Colexio Os Sauces e no que participarán preto de 130 rapaces de todos puntos da Península Ibérica e tamén un grupo de dez escolares procedentes de Brasil. O campus comezará o 9 de xullo e prolongarase até o 18 de xullo, en función da categoría na que se inscriban. O campus terá tres modalidades: tecnificación, clásico e completo.

Esta proposta deportiva e formativa foi presentada esta mañá no Concello de Pontevedra nun acto no que estivo presente a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.

Segundo recolle a mesma páxina web do campus www.campusdavorcutura.com este campus “leva catro edicións tratando de dar un enfoque diferente do balonmano. Coa intención de continuar o traballo da tempada, pero coa premisa lúdica que nos facilita o periodo estival. O obxectivo é o desenvolvemento dunha forma o máis íntegra posible para poder encauzar a aprendizaxe cara á parte deportiva que nos ocupa”.