Xa está na rúa o programa de Festas do verán

222

O Concello de Pontevedra sacou onte á rúa o programa de Festas de verán no que se aglutinan todos os eventos de lecer e festivos que se desenvolverán no concello dende o próximo día de San Bieito até a Feira Franca, ambos incluídos.

Como en anos anteriores, o programa ofrece unha portada para as Festas do Verán e outra para a programación da Semana grande de festas, a Peregrina.

O Concello editou 40.000 exemplares que se poden recoller tanto nas distintas sedes municipais como nas oficinas de turismo da cidade.

Ademais, toda a programación xa se pode consultar na páxina web do Concello https://www.pontevedra.gal/galerias/publicacions/ e tamén a partir de mañá pola tarde nunha páxina específica en pontevedra.gal/festas.