Comeza a terceira e última fase de mellora do acceso ao Regueiriño, en Lourizán

154

O Concello de Pontevedra iniciou esta mañá as obras da última fase da rehabilitación integral da estrada ao Regueiriño, na parroquia de Lourizán. Este últimpo proxecto está valorado en 241.242,32 euros, pero o investimento total realizado nos tres últimos anos para abordar a rehabilitación integral de toda a estrada de acceso ao Regueiriño foi de 717.603,32 euros.

A esta obra déuselle prioridade no consello parroquial de Lourizán porque una a estrada vella de Marín coa estrada provincial que une Marín con Figueirido, e é un dos viarios principais e estruturantes da parroquia, e a partir do cal se accede á maior parte dos núcleos da parte alta da parroquia de Lourizán.

Debido ao seu elevado custe, o Concello acordou manter a prioridade fixada no Consello parroquial de Lourizán pero facéndoa en varias anualidades.

Como nos proxectos anteriores, esta terceira fase inclúe novo firme, medidas de calmado de tráfico, mellora da accesibilidade, e rede de recollida de augas pluviais.

Ademais, este gran proxecto completarase nun futuro próximo coa rehabilitación estrutural da estrada que baixa cara o lugar da Carballeira.