A Canicouva, oferta única para a planta de compostaxe de Pontevedra

105

O Concello de Pontevedra pechou esta mañá, ás 13.00 horas, o proceso de licitación de contrato de alugueiro ou cesión onerosa de terreos para a construcción e explotación dunha planta de compostaxe. A única oferta presentada foi a da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santo Estebo de Canicouva.

Oferta o predio “Rega do Loureiro” situado no monte veciñal da Canicouva, cunha superficie de 100.000 metros cadrados.

O pasado 4 de xuño o Concello de Pontevedra abría o prazo para fixar o procedemento, adxudicación e as condicións para dispoñer un predio cunha superficie mínima de 20.000 metros cadrados para a construcción e explotación dunha planta de compostaxe asociada á mellora do monte.

O propio anuncio contemplaba que o prazo mínimo do alugueiro ou cesión onerosa sería por un mínimo de 30 anos, prorrogables por períodos anuais até un máximo de 45 anos máis, sen superar os 75 anos.

Cabe lembrar que o Concello de Pontevedra decidiu abriu este proceso público de recepción de ofertas xa que a Comunidades de Montes da Canicouva fixo a súa oferta fóra de prazo a finais do pasado ano. Para que todos os interesados puidesen concurrir en igualdade de condicións, o Concello decidiu abrir este proceso público de recepción de ofertas, que ao tempo serve para iniciar o expediente para a construcción e explotación dunha planta de compost para uso exclusivo de Pontevedra.

Documento presentado pola Comunidade de Montes da Canicouva