O Concello entrega os premios do Concurso de carteis de condutas adictivas

139

O Concello de Pontevedra entregou esta mañá os premios do concurso de carteis publicitarios elaborados polos centros de ensino da cidade e incluído dentro do proxecto do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas. Este concurso é un complemento dos obradoiros de prevención que organiza a Concellaría de Benestar Social Municipal no marco do Plan Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas e ten por obxectivos traballar as diferentes adiccións, co obxectivo de promover hábitos de saúde e de que sexan as persoas destinatarias das mensaxes preventivas as ideólogas da campaña.

No concurso deste pasado curso participaron 141 estudantes con 84 carteis.

O xurado, presidido por Carme Fouces Díaz, concelleira de Benestar Social Municipal, e formado por profesionais da Consellería de Sanidade, do Servizo de Educación, de Drogodependencias, da Policía Local e Fundación Meniños e, co voto popular recollido entre as papeletas depositadas na urna situada no vestíbulo do Concello, onde estaba colocada a exposición decidiu por total consenso que a relación de gañadoras é a seguinte:

  • 1º PREMIO (Vale para mercar no comercio local por valor de 100 €): Estefanía Iglesias Sobral 3º B ESO. Colexio Sagrado Corazón de Placeres
  • 2º PREMIO (Vale para mercar no comercio local por valor de 75 €).
    • Mariña Vázquez Méndez. 1º C ESO. IES Xunqueira 1
    • Paula Torres Sedano. 4º D ESO. IES Sánchez Cantón
  • 1º Accésit mellor slogan (Vale para mercar no comercio local por valor de 50 €). Laura García Méndez 1º C ESO IES Frei Martín Sarmiento
  • 2º Accésit traballo en equipo (Vale para mercar no comercio local por valor de 50 €). Selenia Rivadulla Hermida, Iria María Barbosa Moreira, Araceli Bea Bea, Rui Pablo Barbosa Moreira. 2º A ESO. IES Luís Seoane.