AMA achega 24.000 euros para o programa de alimentos para menores no verán

137

O Concello de Pontevedra e a Fundación AMA asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que a Fundación comprométese a achegar 24.000 euros para o programa de atención a menores no verán de Redeaxuda. Segundo explicou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, son 247 nenos os que se poderán beneficiar deste programa que ten un orzamento total de 63.700 euros.

O programa consiste en achegar ás familias destes nenos unha compra semanal, especialmente con productos frescos, para que poidan seguir comendo ben durante o verán, unha vez que pecharon os comedores escolares.

O presidente da Fundación, o médico pontevedrés Diego Murillo explicou que unha vez que coñeceu a iniciativa do Concello, decidiu propor ao patronato da Fundación esta achega, que foi aprobada.

Máis información