A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro inaugurou esta mañá o XVII Curso internacional de Cerámica Contemporánea no Pazo da Cultura, que se desenvolverá entre o 13 e o 18 de xullo en horario de 9.30h a 13.30h e de 16h a 19.30h.
Como todos os anos, terá unha parte teórica e outra práctica. Esta última realizarase no Recinto Feiral.
Esta edición, hai 28 alumnos matriculados, de diferentes puntos de España: Castellón, Barcelona, Madrid, Sevilla, Málaga, Asturias, Cantabria, Galicia (A Coruña, Vigo, Pontevedra) e de Portugal e EE.UU.
Os artistas convidados nesta ocasión son:
- Alberto González Bustos
- Juan Orti García