Máis de 165.000 euros para a instalación eléctrica e a seguranza nas Festas

153

O Concello aprobou nestes días o expediente para a contratación da inspección técnica das atraccións que se instalarán no centro da cidade durante a celebración das Festas da Peregrina. É un contrato de 36.028,84 euros que obriga á empresa adxudicataria a supervisar todas as atraccións para garantir que cumpren cuns requisitos determinados.

Esta inspección faise todos os anos no Concello, o que até o de agora permitiu detectar deficiencias e solventalas antes de pór en marcha as atraccións.

Tamén se aprobou o contrato para a instalación eléctrica das atraccións durante a semana da Peregrina. Trátase de todo o cableado que se instala no ámbito da Alameda e das Palmeiras para poder abastecer de enerxía toda a feira. O orzamento deste contrato é de 124.135 euros.