Máis de 2,2 millóns para eventos deportivos e melloras nas vías do rural

132

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá un investimento de 2,2 millóns de euros para obras no rural e eventos deportivos. Trátase de dúas modificacións de crédito, unha aprobada esta mañá na Xunta Reitora do Instituto Municipal de Deportes (IMD) e outra que se levará a pleno o vindeiro luns, 20 de xullo.

O investimento do IMD é de 249.100 euros destinados, basicamente, a eventos deportivos e ao pago das escolas deportivas do curso 2015/16, cuxas bases se aprobaron esta mañá.

Sobre a modificación de crédito da administración xeral do Concello, o portavoz do Goberno, Raimundo González informou esta mañá, logo da Xunta de Goberno Local que vai destinado á mellorar a mobilidade e a seguranza viaria no rural. Xa que ademais de incrementar a vida útil das vías públicas tamén pretende garantir a accesibilidade e a seguranza, así como a invertir fondos na economía local.

Máis información