A Concellaría de Mercados atende a petición dos ambulantes e traslada a Feira para o 25 de xullo

151

A Concellaría de Mercados, que xestiona Vicente García Legísima, acordou deixar a celebración da feira da rúa Rafael Areses o sábado, 25 de xullo.

Trátase dunha petición que dirixiron os vendedores ambulantes á Concellaría unha vez que se acordou trasladala para a véspera, 24 de xullo, xa que o día 25 é festivo. A decisión inicial da Concellaría baseábase na Ordenanza municipal reguladora de venta ambulante que establece que cando os días sinalados para a feira coincidan en festivo, o mercadillo levarase a cabo o día anterior.

Sen embargo, o concelleiro, atendendo as peticións dos ambulantes e con carácter experimental, acordou que a feira se celebre o sábado 25 de xullo.